O deputado provincial Javier Tourís acaba de reunirse no Pazo provincial da Deputación con responsables do Club de Piragüismo da Illa de Arousa para coñecer o programa de fomento do piragüismo en idade escolar, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria da Illa e Vilanova. Durante o encontro, Tourís remarcou que o deporte é e será un dos eixos prioritarios do goberno provincial e amosou a vontade de abordar posibles liñas de colaboración, desde a Deputación, coa entidade arousá.




