HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO Museo prolonga ata o 12 de maio a mostra temporal dos...

O Museo prolonga ata o 12 de maio a mostra temporal dos Fondos sobre Emilia Pardo Bazán

- Anuncio -spot_img

As visitas comentadas, para as que é precisa inscrición previa, serán todos os mércores ás 18 horas

O Museo de Pontevedra vai prolongar ata o 12 de maio a exposición temporal aberta o pasado 9 de marzo sobre Emilia Pardo Bazán. Os fondos propios relacionados coa autora continuarán á vista do público e realizaranse visitas comentadas todos os mércores ás 18 horas, sendo precisa a inscrición previa.

O obxectivo da mostra, segundo explica o Museo, é dar a coñecer algúns aspectos curiosos da biografía da autora a través dunha selección de creacións artísticas, documentais, gráficas e bibliográficas da institución “por tratarse dun exemplo dunha muller defensora da igualdade que se soubo abrir camiño nun mundo dominado por homes, sendo hoxe unha figura imprescindible da cultura da España da Restauración”. A mostra está aberta na sala do Edificio Castelao onde se atopa a obra do pintor coruñés Joaquín Vaamonde Corniden de quen foi mecenas.

Para participar nas visitas comentadas é necesaria inscrición previa, que debe formalizarse a través do correo electrónico educacion.museo@depo.es (a atención aos correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30) ou no teléfono 986 804 100.

Publicacións Relacionadas