HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO Pazo Provincial da Deputación tinguirase de amarelo con motivo do Día...

O Pazo Provincial da Deputación tinguirase de amarelo con motivo do Día da Endometriose

- Anuncio -spot_img

A institución provincial súmase a “querENDO”, mulleres con endometriose, iluminando o Pazo Provincial desde a noite deste venres 26 ata o luns 29 de marzo

A Deputación de Pontevedra iluminará de amarelo o seu Pazo Provincial desde a noite deste venres ata o luns ao abeiro da conmemoración do Día da Endometriose, que terá lugar este sábado 27 de marzo. Deste xeito, a institución súmase ás reivindicacións de “querEndo”, mulleres con endometriose, para conmemorar esta data.

A través desta iniciativa preténdese dar visibilidade a esta doenza inflamatoria estróxeno – dependente de orixe descoñecida. A endometriose consiste na implantación e crecemento benigno de tecido endometrial (glándulas e estroma) fora do útero, e pode producir fortes dores de regra, dor pélvica, dor durante as relacións sexuais ou a infertilidade . A cor amarela que tinguirá o Pazo provincial durante a fin de semana identifica á doenza e é internacionalmente coñecida como mostra de apoio ás afectadas e as súas familias.

A endometriose afecta ao 10% das mulleres en idade fértil, o que supón en Galicia unhas 60.000 doentes. Grazas á introdución e permanente mellora das técnicas de laparoscopia para a avaliación dos cadros de dor pélvicos na muller, o diagnóstico prodúcese en fases cada vez máis temperás da enfemidade. Na actualidade, o 47% das que o padecen teñen síntomas antes de cumprir os 20 anos, e a progresión desta doenza trae consigo secuelas serias, tanto para a súa saúde física e sexual como para a súa saúde emocional.

Publicacións Relacionadas