O vicepresidente da Deputación de Pontevedra acaba de rematar unha xuntanza de traballo cos diferentes departamentos que integran o Museo de Pontevedra na que analizaron tanto o punto de situación no que se atopa o organismo como novas propostas de mellora dos seus servizos.
Rafa Domínguez aproveitou a ocasión para anunciar que nos próximos días se presentará a programación do Museo de Pontevedra prevista para este ano 2024.




