HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, participa no almorzo de “Innovación e...

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, participa no almorzo de “Innovación e emprendemento” de Foro Empresa

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta mañá a un almorzo organizado polo Foro Empresa no hotel Galicia Palace baixo o nome de “Innovación e emprendemento”. No mesmo abordáronse as ferramentas de apoio a proxectos emprendedores en Pontevedra e expuxéronse casos de éxito e innovación e emprendemento.

Desta maneira, nun encontro moderado por Andrés del Río Sans, de Banco Sabadell, e Antonio de la Cruz, de EOSA, o vicepresidente provincial puido descubrir as historias de cinco empresas innovadoras de diversos sectores, como Alen Space, Beflamboyant, Galiwonders, Taste Labs e Xvalue Labs de man dos seus creadores. Ademais, Pedro Figueroa, de Pontup Store, e Ramón Tubío, da aceleradora AJE Pontevedra, foron os encargados de dar a coñecer ferramentas de apoio a emprendedores.

Publicacións Relacionadas