O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e o seu compañeiro Pablo Fernández, mantiveron neste encontro que non apoiarán ningún trazado que non conte co consenso veciñal dos afectados
Domínguez pediu que Lores busque un traxecto alternativo: “Pedimos que o Concello abandone o non ter en conta o que pensen os pontevedreses e que teñan en conta a súa opinión á hora de tomar unha decisión de tal envergadura”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, o seu compañeiro e encargado da formación da área de Movilidad, Pablo Fernández, e o concelleiro responsable do rural, Martín Martínez, mantivo un encontro con veciños de Campañó para abordar o estado actual da variante de Alba. Na reunión, os asistentes volveron a confirmar o seu rexeitamento a este proxecto tal e como expón agora o Concello e fixeron chegar o sentir da parroquia á formación popular. “O noso visto e prace a calquera trazado ha de contar co ok dos veciños. Sen el, que non conten co PP de Pontevedra”, dixo Domínguez.
“Como dixeron sempre, os veciños opóñense ao trazado. O que non entendemos é a insistencia de Lores en amolar aos veciños de Campañó, que é por onde pasaría este vial. Non se que ten en contra o Concello contra esta parroquia”, subliñou Domínguez. No encontro volveu incidir en que este proxecto, tal e como o expón o Concello, “partiría en dous a parroquia”.
“É fundamental, antes de presentar calquera idea, que polo menos os veciños expresen as súas ideas. O que non compartimos é que o Concello presente un proxecto sen recoller as impresións dos veciños previamente. Ademais, se a parroquia pola que pasará este vial é Campañó, non se entende que se reúnan con todos os veciños doutras parroquias e non con estes”, argumentou o popular.




