HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez participa na presentación do Open Cidade do Lérez de Taekwondo,...

Rafa Domínguez participa na presentación do Open Cidade do Lérez de Taekwondo, que se celebra este sábado no pavillón de Príncipe Felipe

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este martes no Concello de Pontevedra na presentación do Open Cidade do Lérez de Taekwondo, que organiza o club Taekanart este sábado 7 de xuño no pavillón da Cidade Infantil Príncipe Felipe. O vicepresidente puxo en valor que un ano máis o club escollera esta infraestrutura da Deputación “na que se darán cita deportistas de todo o país” para realizar combates nas categorías de infantil, precadete, cadete, xunior e absoluto, tanto masculinas como femininas.

Rafa Domínguez asegurou que “con este Open imos situar Pontevedra cidade e provincia de novo no centro dunha disciplina cun bo número de seguidores, e coa chegada de deportistas e familias teremos moita visibilidade para o noso territorio e para irnos consolidando como un destino de turismo deportivo”. O vicepresidente da Deputación lembrou que “somos a provincia do deporte e queremos compartilo con todo o mundo para converternos no gran referente mundial, con espectáculos deportivos de primeiro nivel no que amosaremos o noso alto nivel na competición e na organización de eventos”.

Publicacións Relacionadas