O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o vicepresidente e responsable de persoal, Plácido Álvarez, recibiron a cinco funcionarios da institución provincial recentemente xubilados, coincidindo coa festividade de Santa Rita, patroa dos empregados públicos da administración local.
Antes de entregarlles uns obsequios como recordo do seu paso pola Deputación, Manuel Baltar, agradeceulles o traballo desenvolvido ao longo da súa traxectoria laboral, nalgúns casos ata de corenta anos, expresando os seus parabéns pola nova etapa que comezan.
Con este acto, o presidente provincial quixo festexar o día de Santa Rita, no que tradicionalmente os empregados da Deputación organizan un xantar, con recoñecemento incluído aos compañeiros xubilados, pero que debido á pandemia non puido celebrarse por segundo ano consecutivo.




