- Anuncio -spot_img

A evolución dos sistemas de tradución automática, a exame nos ‘Venres con Intelixencia Artificial’

O relatorio poderá seguirse en liña a través da canle de vídeos do Centro de Intelixencia Artificial este venres, 9 de abril.

Ourense, 5 de abril de 2021.-

O profesor da UNED Andrés Duque Fernández será o protagonista desta semana no segundo ciclo ‘Os venres con Intelixencia Artificial’. O seu relatorio versará sobre os sistemas de tradución automática -“Evolución histórica, aproximacións actuais e desafíos abertos”-, e poderá seguirse en liña a través da canle de vídeos do Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense este venres, 9 de abril.

Nesta presentación realizarase un percorrido pola evolución dos sistemas de tradución automática, desde os primeiros sistemas baseados en regras, pasando polos sistemas estatísticos, até chegar aos modernos modelos neuronais de aprendizaxe profunda. Exploraranse as características máis significativas de cada aproximación, as súas vantaxes e inconvenientes e as súas aplicacións máis coñecidas.

Finalmente, Duque Fernández analizará os desafíos actuais aos que se enfronta o campo da tradución automática, tales como a utilización do discurso como contexto ampliado, a tradución en idiomas con poucos recursos ou a tradución multimodal, entre outros.

Toda a información, en www.intelixencia-artificial.ourense.gal

Publicacións Relacionadas