HomeOurenseA carreira solidaria da Garda Civil ocasionará cortes de tráfico no centro...

A carreira solidaria da Garda Civil ocasionará cortes de tráfico no centro da cidade o domingo pola mañá

- Anuncio -spot_img

A Carreira Solidaria da Garda Civil de Ourense “Pilar 2025” ocasionará cortes de tráfico en diferentes rúas do centro da cidade o vindeiro domingo, día 5 de outubro, pola mañá.

A proba deportiva consta de dúas categorías. A de persoas adultas comezará ás 11.00 horas con saída desde a Praza Maior e percorrido por Bispo Carrascosa, Moratín, Colón, Padre Feijóo, Lugo, Xosé Ramón Fernández Oxea, Galicia, Bonhome, avenida de Zamora, O Progreso, Ervedelo, Juan de Anges, Os Remedios, Pardo de Cela, rotonda do mundo, Sáenz Díez, Curros Enriquez, O Paseo, Lamas Carvajal, e remate na Praza Maior. A carreira infantil empezará ás 12:30 h, con saída desde a Praza Maior e percorrido polas rúas dasTendas, da Paz, San Miguel e Lamas Carvajal, con meta na Praza Maior.

Cortes de tráfico

O dispositivo de tráfico deseñado pola Policía Local de Ourense prevé cortar o tráfico ás 08.30 na Praza Maior e ás 10.30 h en todas as rúas incluídas na carreira, así como en todas as comprendidas no seu perímetro. O tráfico abrirase progresivamente a medida que pasen os e as participantes.

A Policía Local recomenda como vías alternativas de circulación:

  • Pola zona norte: Ponte Nova, Celso Emilio Ferreiro e Avenida Otero Pedrayo.
  • Pola zona sur: as rúas da Saínza, Ramón Puga e Pena Trevinca.
  • Para acceder á Nacional 120: rúa Pablo Iglesias ou estrada da Lonia.
  • Pola zona centro-glorieta de Ervedelo: o tráfico desvíase pola Praza da Chave (xunto ao campo de fútbol do Couto).

Publicacións Relacionadas