As persoas interesadas poden presentar imaxes até o día 22 de xullo
O Concello de Ourense protagoniza, xunto co municipio portugués de Santa María da Feira, a segunda edición do Concurso Fotográfico da Guía Turística do Eixo Atlántico. Até o vindeiro martes, día 22 de xullo, as persoas interesadas poden presentar fotografías de Ourense e da cidade lusa e optar aos premios do certame, que convoca a asociación de municipios da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Explica o Eixo Atlántico que as persoas participantes deberán captar en imaxes o espírito dos municipios de Ourense e Santa María da Feira. Cada unha poderá enviar unha única fotografía dun dos municipios, e a que obteña máis “likes” nas redes sociais oficiais do Eixo será a gañadora.
A participación está aberta a todas as persoas maiores de 16 anos, tanto profesionais como afeccionadas. Poderán retratar paisaxes, monumentos, arquitectura, festas, tradicións, gastronomía, escenas da vida cotiá ou detalles con identidade propia, que deberán enviar por correo electrónico ao Eixo.
Nesta ocasión, premiaranse as 3 fotografías que reciban máis votos de cada uno dos dous municipios
Máis información, na páxina web do Eixo:
Comeza a segunda edición do Concurso Fotográfico da Guía Turística do Eixo Atlántico




