HomeOurenseA comisión de pleno ditamina favorablemente a proposta modificación orzamentaria por 62...

A comisión de pleno ditamina favorablemente a proposta modificación orzamentaria por 62 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

Os grupos municipais manterán unha xuntanza o luns para analizar o proxecto do goberno municipal e realizar as súas propostas alternativas

O expediente será presentado a aprobación por parte do Pleno do Concello o próximo martes ou mércores en sesión extraordinaria

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente na súa sesión desta mañá a proposta de modificación dos orzamentos do Concello por importe de 62.601.389,04 euros, presentada polo goberno municipal para mobilizar recursos procedentes do remanente de tesourería e destinalos a investimentos en infraestruturas e servizos na cidade. A proposta recibiu 4 votos favorables, dos grupos municipal de DO (3) e C´s (1), 3 abstencións (2 de PP e 1 de BNG) e 4 votos en contra (os 3 do PSdeG-PSOE e 1 do concelleiro non adscrito). Ao haber 4 votos a favor e 4 en contra, decidiu o voto de calidade do alcalde.

Os grupos municipais, porén, acordaron manter unha xuntanza de portavoces, o vindeiro luns, 7 de xuño, ás 12:00 horas, para tratar a modificación orzamentaria e analizar posibles alternativas. A proposta de modificación será presentada a aprobación por parte do Pleno do Concello nunha sesión extraordinaria que se celebrará a próxima semana, o martes 8 ou o mércores 9.

Publicacións Relacionadas