HomeOurenseA comisión que investiga a desaparición de documentos na área de Urbanismo...

A comisión que investiga a desaparición de documentos na área de Urbanismo citará o promotor do inmoble afectado

- Anuncio -spot_img

Na súa segunda sesión, leuse un informe dos avogados municipais sobre a situación xudicial do expediente de licenza e da solicitude do presidente provincial dos construtores para formar parte da comisión.

A Comisión de Investigación sobre a desaparición de documentación na Concellería de Urbanismo, aprobada por acordo plenario o 2 de outubro de 2020, celebrou a súa segunda sesión esta mañá no salón de plenos. Presidida polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome contou coa presenza de representantes das formacións políticas representadas no pleno e de técnicos municipais.

A sesión comezou dando conta dun informe dos letrados municipais sobre a situación xudicial do expediente de licenza de ocupación do edificio emprazado entre as rúas Xaquín Lourenzo e Cardenal Quevedo. Así mesmo, deuse conta da primeira relación de comparecentes, e citouse para a vindeira sesión -que se celebrará o martes, 27 de abril- ao promotor do edificio, José Benito López Moreira.

A comisión foi informada tamén da solicitude de Santiago Ferreiro, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense, de formar parte da mesma

Finalmente, debateuse sobre a periodicidade das sesións: esta será de 15 días, polo que se reunirá en martes alternos.

Publicacións Relacionadas