HomeOurenseA concelleira de Educación visitou a actividade, na que participan máis de...

A concelleira de Educación visitou a actividade, na que participan máis de 900 nenos e nenas

- Anuncio -spot_img

Milú e o edificio das persoas extraordinarias é unha fábula social sobre o poder da imaxinación infantil para soñar un mundo mellor

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza esta semana un ciclo de encontros de escolares da cidade co escritor Abel Tomé. Máis de 900 alumnas e alumnos de 5º de Primaria e 60 docentes participan nesta actividade, que o Concello desenvolve dentro da campaña de animación á lectura.

Antes destes Encontros co autor, a Concellería de Educación repartiu exemplares do libro Milú e o edificio das persoas extraordinarias, acompañados dunha unidade didáctica, nos colexios participantes. Nenos e nenas leron o libro, desenvolveron actividades na aula e durante esta semana, en varias sesións, manteñen un encontro co autor, Abel Tomé, no Liceo para intercambiar impresións acerca da súa obra, formularlle as preguntas que desexen e falar acerca da lectura e da creación literaria. A concelleira de Educación, Tamara Silva, asistiu ao desenvolvemento destes encontros.

A obra é unha luminosa fábula social sobre o poder da imaxinación infantil para soñar un mundo mellor. Está protagonizada por un neno que ten o don de construír soños. Abel Tomé é graduado en Xornalismo e autor das novelas A noite do corvo; A noite do lobo, Premio Illa Nova de Narrativa; Liliam Strawberry e o paxaro da morte, finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2022 e A noite do oso, Premio García Barros. Con Milú e o edificio das persoas extraordinarias obtén o Premio Merlín 2024.

Publicacións Relacionadas