É un dos obxectivos dos populares fixados ante a súa volta á xestión municipal
Flora Moure considera que “é máis preciso que nunca reforzar a participación da cidadanía e contribuir a que as entidades veciñais continúen desenvolvendo o seu labor coa máxima normalidade”
Tamén veñen de ser activados os procesos para a celebración de actividades nos locais veciñais, “algo fundamental para a socialización nos diferentes barrios e parroquias da nosa cidade”, do mesmo xeito que tamén se iniciaron os trámites para a convocatoria de subvencións, recalca Flora Moure
Cumprindo cun dos obxectivos marcados pola concelleira de Participación Cidadá na súa volta á xestión municipal, Flora Moure ven de asinar a providencia para activar a sinatura dos convenios coas entidades veciñais, algo fundamental para a continuidade das súas actividades.
Flora Moure considera que “é máis preciso que nunca reforzar a participación da cidadanía e contribuir a que as entidades veciñais continúen desenvolvendo o seu labor coa máxima normalidade”.
Neste senso, tamén veñen de ser activados os procesos para a celebración de actividades nos locais veciñais, “algo fundamental para a socialización nos diferentes barrios e parroquias da nosa cidade”, do mesmo xeito que tamén se iniciaron os trámites para a convocatoria de subvencións, recalca Flora Moure.




