HomeOurenseA exposición “Os nosos Entroidos”, na Sala Valente, xa é a máis...

A exposición “Os nosos Entroidos”, na Sala Valente, xa é a máis vista dos museos municipais de Ourense desde que hai rexistros de visitantes

- Anuncio -spot_img
  • A mostra de traxes e personaxes tradicionais alcanzou onte os 10.926 visitantes en tres meses e medio

A mostra “Os nosos Entroidos”, na Sala Valente, xa é a exposición máis vista dos museos municipais de Ourense desde que hai rexistros de visitantes. A exposición de traxes e personaxes tradicionais do Entroido, organizada polo Concello, alcanzou onte sábado os 10.926 visitantes, e converteuse na exposición máis vista do Concello de Ourense, avantaxando ás exposicións dos Suevos que acolleu o Museo Municipal da rúa Lepanto, que rexistrara 10.886 visitantes en toda a súa duración no ano 2018. *

Algo reseñable da comparativa é que a exposición dos Suevos durou 6 meses, e esta do Entroido só leva 3 meses e medio (inaugurouse o día de San Patricio, o 17 de marzo de 2021). Pero ademais, a exposición do Concello custou menos de 6.000 €, mentres que a dos Suevos 600.000 €..Ademais, esta exposición do Entroido, é maiormente meritoria, xa que ten o freo de que é en plena época Covid.

A exposición da Sala Valente está formada por 110 pezas de 44 entroidos distintivos da provincia. Os elementos expostos, algúns con máis de medio século de historia, proceden de cesións realizadas por 39 concellos, por asociacións culturais e por particulares, desde personaxes como pantallas, peliqueiros, cigarróns, boteiros ou a Morena de Laza, até traxes descoñecidos para o grande público, recuperados logo de anos de estudo e de investigación antropolóxica ao longo da provincia

A exposición pódese visitar na Sala Valente de martes a sábados: de 11 a 14h e de 18.30 a 21.30h e os domingos de 11 a 14h.

  • NOTA.- Os datos fan referencia a museos municipais, non provinciais ou outros espazos onde a Deputación tamén exhibiu unha parte dos Suevos.

O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense celebrou esta tarde xuntanza extraordinaria presidida polo alcalde, Gonzalo Jácome, para dar conta dos danos ocasionados na piscina Rosario Dueñas polo temporal de onte e aprobar a proposta de Declaración de Estado de Emerxencia de Protección Civil a zona do Complexo Deportivo dos Remedios. Así, o organismo municipal acordou solicitarlle a dita declaración á autoridade competente (Administración Central) e darlles traslado do acordo ao resto de administracións públicas de cara ao seu coñecemento para a adopción, se procede, de medidas de colaboración para subsanar os danos ocasionados,

Este acordo permitirá axilizar a execución das obras de reparación da cuberta da piscina que, con esta declaración, poderanse adxudicar directamente, coma un contrato menor, sen necesidade de licitación. Mentres tanto, a piscina deberá permanecer pechada ao público.

Publicacións Relacionadas