HomeOurenseOurenseA mesa de negociación adía a setembro a concreción da xornada laboral...

A mesa de negociación adía a setembro a concreción da xornada laboral e o Plan de ordenación de RRHH

- Anuncio -spot_img

O Concelleiro de RRHH, Armando Ojea, subliña a acollida favorable das propostas da administración

A Mesa de Negociación reuniuse esta mañá para abordar fundamentalmente dúas cuestións, por unha parte abordar a xornada laboral e, pola outra a aprobación dun Plan de ordenación de RRHH para a racionalización do sistema de categorías profesionais, tanto para o persoal do Concello como do Consello Municipal de Deportes.

En ambos casos, goberno e sindicatos concédense un tempo de 2 meses, é dicir, deica o 15 de setembro, para que os sindicatos poidan facer as súas propostas sobre a base da que lles fai a administración.

O concelleiro, Armando Ojéa, destaca a “acollida favorable das propostas do Concello” e agarda chegar a consensos neste novo prazo establecido, cando ambas propostas “poderán concretarse e plasmarse nun documento definitivo que vincule a ambas partes”.

Publicacións Relacionadas