A mostra de traxes e personaxes do entroido ourensán convértese nunha das exposicións máis visitadas en Ourense
Esta mañá, Gonzalo Pérez Jácome asistiu á inauguración da nova sede de Ilex 695, os scouts de Ourense
Na tarde do pasado venres a mostra “Os nosos entroidos” superou a barreira das dez mil visitas. Este feito produciuse a poucos días de cumprirse os tres meses de vida, dende que se abrira ao público o 17 de marzo deste ano, na Sala Valente, situada na rúa do Paseo.
Para os organizadores da mostra é unha satisfacción que “os traxes e personaxes do entroido ourensán se convertesen na exposición máis visitada que pasaron polas salas ou museos do Concello de Ourense.
Lucía Fernández Vázquez e o seu pai recibían onte de mans do alcalde Gonzalo Pérez Jácome un recordatorio deste fito, unha máscara de porcelana elaborado polo oleiro Agustín, de Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo.
Nova sede Ilex 695 Scout. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu esta mañá á inauguración da nova sede de Ilex 695 Scout. A nova sede estará na antiga estación de tren de San Francisco, a poucos metros da antiga.
Gonzalo Jácome puido falar cos representantes deste colectivo e comprometeuse a abordar con eles colaboracións futuras.




