Con motivo das probas que se están realizando co tren laboratorio do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) dentro das actuacións do acceso da alta velocidade a Ourense, o vindeiro martes, 13 de abril, a pasarela peonil que cruza sobre as vías á altura da estación de San Francisco -e que conecta as rúas da Serra Martiñá e de Pena Trevinca- permanecerá pechada entre as 8:00 e as 20:00 horas por motivos de seguridade.
Pregámoslle á cidadanía que desculpe as molestias ocasionadas e realice o traxecto por itinerarios alternativos, ben a través do parque das Zapatillas o a través da rúa de Ramón Puga.




