HomeOurenseOurenseA Policía Local de Ourense detén dous homes que se agrediran mutuamente...

A Policía Local de Ourense detén dous homes que se agrediran mutuamente na rúa Marcelo Macías

- Anuncio -spot_img

A Policía Local de Ourense detivo no mediodía de onte (xoves, 29 de setembro, 14:15h) na rúa Marcelo Macías, número 3, dous homes, veciños de Ourense, que se agrediran mutuamente.

Tras recibir na Central de Comunicacións o aviso dunha agresión entre dúas persoas, dúas patrullas da Policía Local trasladáronse á rúa Marcelo Macías. Alí estaba un home de 28 anos de idade que presentaba lesións no rostro e nas mans, que denunciou o roubo con forza do seu terminal móbil por parte dun coñecido seu.

Coa descripción que lles proporcionou, a Policía Localizou este segundo home, de 32 anos, na zona. Tamén presentaba lesións no rostro e nas mans. Recoñeceu ter na súa posesión o móbil do primeiro, e manifestou que o fixera para garantir o pagamento dunha bébeda que con el tiña contraída, e que sería a orixe da agresión. Os dous foron trasladados ao centro sanitario e detidos por estes feitos. Instruíronse dilixencias xudiciais

Publicacións Relacionadas