A Policía Local vixiará o uso de altofalantes na vía pública. Así o ordeou, esta mañá, o goberno municipal á vista das queixas trasladadas ao Concello polas molestias que ocasionan a música a alto volume entre a veciñanza.
Na ordenanza municipal para a protección contra ruídos e vibracións especifícase que non se pode alterar a normal convivencia cidadá en parques, xardíns, vías e espazos públicos salvo que conten coa pertinente autorización municipal.




