HomeOurenseOurenseA reparación dun colector obriga a cortar ao tráfico un tramo da...

A reparación dun colector obriga a cortar ao tráfico un tramo da rúa da Canle desde este luns, 21 de xuño

- Anuncio -spot_img

Con motivo das obras de rehabilitación dun colector na rúa da Canle -no barrio da Cruz Alta-, o Concello cortará un tramo de rúa ao tráfico rodado desde o luns, 21 de xuño, até o venres 25, por motivos de seguridade. O tramo de rúa que se cortará é o que vai desde a intersección das rúas da Canle e Nuño de Ousende até a entrada da Biblioteca Nós.

As obras permitirán o paso de peóns polas beirarrúas en todo momento, mentres que os vehículos deberán utilizar os itinerarios alternativos, debidamente sinalizados.

Lamentamos as molestias e pregamos comprensión á veciñanza e persoas usuarias da vía mentres duran as obras.

Publicacións Relacionadas