HomeOurenseA sentenza que desestima a demanda por “despido nulo” interposta por un...

A sentenza que desestima a demanda por “despido nulo” interposta por un ex asesor político vólvese firme tras desisir o demandante

- Anuncio -spot_img
  • O traballador, ex persoal eventual do grupo de DO, desiste do recurso no que solicitaba a súa readmisión ao Concello

O Xulgado do Social número 2 de Ourense comunicoulle ao Concello o decreto polo que acorda decretar a firmeza da sentenza do día 5 de abril de 2021, na que absolveu o Concello nos autos de despido núm. 611/2020, promovidos por un ex traballador, B. B. T., ex persoal eventual de confianza do goberno municipal, que solicitaba que se declarase nulo o seu despido e que se lle obrigase ao Concello a readmitilo.

A sentenza devén firme logo de que o demandante desistise do recurso de suplicación que anunciara fronte á dita resolución.

O demandante argumentaba que, pese a ser nomeado persoal eventual, as funcións que realizaba no Concello eran as de auxiliar administrativo.

Na sentenza do Xulgado do Social, a xuíza dicía que “non se apreciou fraude de Lei na contratación do actor, polo que a relación non pode ser cualificada de laboral”, e que as funcións que realizaba no Concello “non son as propias dun auxiliar administrativo laboral”, senón “as propias dos asesores e auxiliares políticos”.

Publicacións Relacionadas