O Concello licita o servizo de teleasistencia domiciliaria, que atende 375 persoas na cidade e o de limpeza de edificios municipais
A xunta de goberno local aprobou na súa xuntanza desta mañá o proxecto de ordenanza reguladora do teletraballo no Concello de Ourense e no Consello Municipal de Deportes. A norma ten como finalidade regular a prestación de servizos a distancia nas que o contido competencial do posto de traballo pode desenvolverse, sempre que as necesidades do servizo o permitan, fóra das dependencias da Administración municipal, mediante o uso das tecnoloxías da información e comunicación. A nova ordenanza márcase como obxectivo “producir unha mellora de produtividade do Concello, asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, “porque aumenta a supervisión e control do traballo que se realiza a distancia”.
O proxecto da ordenanza foi aprobado por unanimidade na mesa xeral de negociación na que participan os sindicatos municipais o día 20 de decembro, e deberá ser presentada a aprobación ante o Pleno do Concello
Na mesma sesión, a xunta local aprobou a delegación de competencias da xunta de goberno local no alcalde e nos conceleiros delegados, nas súas respectivas áreas de goberno e os expedientes para contratar o servizo de teleasistencia domiciliaria, que lles presta atención a 375 veciñas e veciños da cidade, e o de limpeza de edificios municipais.
A sesión incluiu un total de 24 asuntos presentados polas diferentes áreas e servizos municipais
Licenzas (2)
- Aprobar o proxecto de rehabilitación e ampliación dunha vivenda unifamiliar na rúa Bo Antolín, cun orzamento de execución material de 194.175,63 euros
- Conceder licenza para executar obras de mellora das condicións de accesibilidade mediante a instalación dun ascensor nun edificio da rúa Río Navea.
Aperturas (1)
- Conceder unha prórroga de 6 meses para iniciar as obras de construción dunha residencia de persoas maiores na rúa Pena do Vado.
Patrimonio (1)
- Desestimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial por danos ocasionados nun vehículo por unha focha na rúa de Bispo Lourenzo, xa que o Concello non é a administración competente para resolvela. As actuacións remitiránselle á Axencia Galega de Infraestruturas
Servizo de contratación (6)
- Acordar a prórroga por un ano do contrato do seguro de responsabilidade civil/patrimonial do Concello, adxudicado a Segurcaixa Adeslas Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros, por un importe de 154.979 €
- Acordar a segunda prórroga do contrato do servizo de centro de día para persoas maiores dependentes, adxudicado a Asociación Aixiña, desde o 1 de xuño de 2021 ata o 31 de maio de 2022, por 176.400,00 €, IVE engadido. Tamén en relación a este contrato, aprobouse recoñecer a obriga en favor de Aixiña de dúas indemnizacións por importe de 10.834,61€ 12.269,89€ polos gastos soportados durante o período de suspensión do contrato como consecuencia da situación da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 (nos meses de maio e xuño, respectivamente), xa que se acreditou de forma fidedigna a súa realidade, efectividade e contía.
- Aprobar o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de teleasistencia domiciliaria do Concello de Ourense, por importe de 90.000 euros anuais, IVE engadido. O contrato ten unha duración de 2 anos. O servizo dalle atención a 375 personas na actualidade.
- Aprobar o expediente de contratación do servizo de limpeza de edificios municipais do Concello de Ourense. Será un contrato por 2 anos, con 3 lotes e múltiples criterios de adxudicación, cun orzamento de licitación de 1.391.640,52 € por ano.
Infraestruturas (3)
- Recoñecer a obriga a favor a favor da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia., do pago dunha multa de 1.500,00 euros.
-Liberar parte dos fondos inicialmente destinados ao lote 1 do contrato de mantemento de vías públicas. Como o contrato se adxudicou cunha baixa do 21%, os fondos restantes, que ascenden a 148.866,71€, destinaranse a outros gastos da área de infraestruturas.
Comercio (1)
- Rectificar un acordo da xunta de goberno do día 25.02.2021, corrixindo un erro material.
Persoal e Recursos Humanos (1)
- Aprobar o proxecto de ordenanza reguladora do teletraballo no Concello de Ourense e no Consello Municipal de Deportes, integrado polo preámbulo e o texto articulado aprobado na Mesa Xeral de Negociación de 18 de decembro de 2020.
De conformidade co disposto no artigo 94.2 do Regulamento Orgánico do Pleno e da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións do Concello de Ourense, comunicaráselles aos portavoces dos grupos políticos municipais a aprobación do proxecto de ordenanza e se abrirá un prazo 10 días, desde que reciban a comunicación, no que poderán presentar emendas se o estiman oportuno.
Alcaldía (1)
- Delegar competencias da xunta de goberno local na Alcaldía e nos concelleiros de goberno municipal no ámbito das materias propias da súa área ou delegación:
- No concelleiro Armando Ojea Bouzo en relación coa Área de Recursos Humanos; Facenda; Cooperación Institucional; Educación, Promoción Económica, Recursos Europeos e Formación Ocupacional
- No concelleiro Telmo Manuel Ucha Álvarez en relación coa Área de Política Social, Igualdade e Saúde; Seguridade Cidadá; Comercio; Mobilidade e Transporte
- Na Alcaldía en relación coa Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Perímetro Rural; Urbanismo, Vivenda e Patrimonio; Cultura; Deportes; Participación Cidadá, Xuventude, Turismo e Termalismo; Servizos Xerais, Transparencia e Sistemas de Información
Entre as materias que se delegan, inclúense o exercicio da potestade sancionadora; os actos de impulsión e trámite dos expedientes cuxa resolución final sexa competencia da xunta de goberno e esta non as teña delegado; a contratación de carácter menor; a solicitude, tramitación e xustificación de subvencións; a resolución dos expedientes de concesión de subvencións, premios e bolsas; ou a aprobación de convenios, agás aqueles que conteñan obrigas de carácter económico para o Concello, entre outras.
Avogacía Consistorial (6)
A xunta de goberno tomou coñecemento de tres sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1:
- que desestima o recurso interposto por unha comunidade de propietarios de vivendas aos que o Concello lles requiriu que executaran obras necesarias para garantir o funcionamento da acometida das súas viviendas ao saneamento municipal.
- que estima o recurso dunha particular que reclamaba a devolución dunha parcela que o Concello lle ocupara para realizar obras e unha indemnización económica. O Concello recorrerá a sentenza porque os terreos están sendo ocupados para realizar obras na actualidade.
- que estima parcialmente o recurso dun traballador municipal contra as bases do concurso de méritos para cubrir o posto de coordinador de Participacìón Cidadá do Concello e o decreto que resolveu o concurso. O Concello deberá retrotraer o procedemento e efectuar unha nova valoración.
- Un auto do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2, que desestima a solicitude de medidas cautelares dun arquitecto que lle reclama ao Concello o pago do prezo dun contrato de redacción dun proxecto. O auto desestima as medidas cautelares solicitadas.
- Dúas sentenzas do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2:
- que estima o recurso dunha particular contra unha resolución do Tribunal Económico Administrativo por unha reclamación tributaria. O Concello tera que devolverlle a cota de 5.311,21 ingresada polo imposto de plusvalía.
- que desestima o recurso de dúas particulares que solicitaban que se declarase nulo o procedemento de declaración de ruina dun edificio no centro histórico e as medidas adoptadas polo Concello (declaración de ruina, multas coercitivas, entre outros) que derivaron dela.




