HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos. Son 6 expedientes presentados polo Servizo de Licenzas, 5 de Patrimonio, 1 de Asuntos Sociais e 12 da Avogacía Consistorial

Licenzas (6)

  • Conceder 2 licenzas de obra para os proxectos de instalación de ascensores en edificios de vivendas nas rúas Benito Fernández Alonso e Padre Sarmiento
  • Autorizar o troco de uso dun baixo en Río Xares, que se utilizará como garaxe.
  • Conceder a licenza urbanística para a agrupación e simultánea segregación de 2 locais na planta baixa dun edificio na rúa Benito Vicetto
  • Conceder unha prórroga para iniciar as obras dun muro de contención de terras en 2 parcelas entre as rúas Eligio González e Cesáreo González
  • Conceder a licenza de obra para o proxecto de demolición dunha edificación na Rúa Julio Prieto Nespereira

Patrimonio (5)

  • Requirir 2 compañías de seguros para que indemnicen o Concello en senllas contías de 165,43 euros en concepto de indemnización por danos causados por vehículos en sinais verticais nas rúas Quintián e Otero Pedraio.
  • Desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha particular por danos sufridos por unha caída na rúa Valle Inclán, xa que non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización, e inadmitir outra, por unha caída na rúa Gómez Franqueira, porque o Concello non é a Administración competente para resolvela. As actuacións remitiranse á Demarcación de Estradas de Galicia. Tamén se desestima o recurso dunha particular á que se lle denegou unha reclamación por danos por unha caída por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.

Asuntos Sociais (1)

Aprobar un expediente de liberación de crédito

Avogacía Consistorial (12)

A Xunta de Goberno Local deu conta dun auto e unha sentenza ditados polo Xulgado Contencioso Administrativo número 1, de 3 Sentenzas ditadas polo Xulgado Contencioso Administrativo número 2 e 1 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tamén tomou coñecemento de que o Concello comparecerá diante dos xulgados do Contencioso Administrativo número 1 e 2 e do Xulgado do Social número 4 de Ourense noutros 6 procedementos.

Publicacións Relacionadas