A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou un total de 25 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu este mediodía no salón de plenos do Concello.
Licenzas (3)
- Conceder a licenza para o proxecto básico e de execución de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na rúa da Torre, As Curuxeiras
- Denegar a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de reforma dun local para vivenda na rúa La Bella Otero
- Conceder a licenza de obra de reformas no interior dun inmoble no Camiño tras da Igrexa, en Reza
Patrimonio (10)
- Considerar dous particulares desistidos de senllas solicitudes de reclamación de responsabilidade patrimonial.
- Recoñecer 4 obrigas a favor de particulares en desenvolvemento de expedientes de responsabilidade patrimonial
- Requirirlles ás respectivas compañías aseguradoras que paguen ao Concello 4 indemnizacións, por danos causados por vehículos nunha papeleira na rúa Irmáns Xesta, nun fito na rúa das Lagoas, nun bolardo na rúa Salustiano Muñoz e en dous colectores do lixo na rúa Zaragoza
Infraestruturas (1)
Recoñecer unha obriga en favor dunha mercantíl en cumprimento dunha resolución xudicial.
Xestión Tributaria (1)
Solicitarlle á Dirección Xeral do Catastro o encargo á Sociedade Estatal de Xestión Inmobiliaria de Patrimonio, Sociedade Anónima (Segipsa) da realización de traballos catastrais obxecto do convenio de colaboración subscrito co Concello de Ourense ata o 31 de decembro de 2024
Avogacía Consistorial (10)
A Xunta de Goberno Local deu conta de 4 emprazamentos para que o Concello compareza ante os xulgados do Contencioso Administrativo número 1 e 2 de Ourense en diferentes procedementos, de 2 decretos destes mesmos xulgados, dun auto do número 2, e de 3 sentenzas: 2 do Contencioso número 1 e dunha do Xulgado do Social número 1.




