HomeOurenseA Xunta de Goberno Local reunirase mañá na súa sesión ordinaria desta...

A Xunta de Goberno Local reunirase mañá na súa sesión ordinaria desta semana, con 17 asuntos na orde do día

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, día 11 de setembro, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana, que inclúe 17 asuntos na orde do día.

Avogacía Consistorial (6). Dar conta de 6 sentenzas: 1 do Xulgado do Social número 4 de Ourense, 1 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense e 4 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo.

Licenzas (5). A Xunta de Goberno tratará catro solicitudes de licenzas de obra: para o proxecto de execución de iluminación ornamental do IES Otero Pedrayo; para a rehabilitación dun edificio na Praza Manuel Sueiro para 5 vivendas protexidas, rochos e local comercial; e para a reforma de 2 locais para vivendas, en edificios emprazados nas rúas Vila Valencia e Gregorio Fernández. Tamén se aprobará a rectificación dun acordo aprobado nunha xunta de goberno anterior.

Aperturas (1). Solicitude de licenza urbanística de obra para a adaptación de local para uso de comercio polo miúdo de material deportivo na planta baixa dun inmoble da rúa Curros Enríquez.

Patrimonio (3). Tres reclamacións de responsabilidade patrimonial.

Administración xeral (1). Liberación de crédito dispoñible na partida do contrato de limpeza de instalacións municipais.

Persoal e recursos humanos (1). Modificación puntual da Relación de Postos de Traballo para o cambio da adscrición orgánica das unidades administrativas de Parques e Xardíns dependentes da área de goberno de Obras Públicas, Servizos Urbanos, Medio Ambiente e Urbanismo e das funcións e denominacións dalgúns postos de traballo.

Publicacións Relacionadas