Para acceder será necesario solicitar cita previa, dende unha web ou dende as aplicacións móbiles de Android ou IOS
As piscinas de Oira permanecerán abertas dende este luns, tal e como estaba previsto, pois o recinto non sufriu danos derivados da tormenta de onte a tarde.
O Consello Municipal de Deportes habilitou un espazo web [ PiscinasOurense – APP de reservas (saudeter.com) ] para solicitar cita previa para as piscinas de Oira. Ao tempo, habilitáronse aplicacións nas plataformas de Android e IOS, para facilitar aos usuarios e usuarias a tramitación das reservas, doadas de atopar buscando “piscinas Ourense” en calquera das plataformas.
Para realizar a reserva será preciso crear una conta persoal e, unha vez creada, ese usuario e contrasinal servirá para reservar cita tanto dende a web como dende as aplicacións.
Lembramos que o aforo está reducido seguindo as indicacións das autoridades sanitarias: a Xunta de Galicia decreta que só poderá ocuparse o 50% do aforo. Ademais da cita previa para o control de aforo, e será preciso seguir respectando as medidas de seguridade, caso do emprego de máscaras, o uso de xel hidroalcólico ou a distancia social.
As medidas sanitarias e de seguridade, as normas de uso e outro tipo de informacións pode atoparse tamén na web e nas aplicacións correspondentes a cada plataforma.




