HomeA CoruñaBicos Solidarios conmemoran hoxe o Día do Neno Hospitalizado no Complexo Hospitalario...

Bicos Solidarios conmemoran hoxe o Día do Neno Hospitalizado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

Esta iniciativa pon cada ano en valor o esforzo de humanización que permanentemente efectúan os profesionais sanitarios, voluntarios e docentes para facer máis confortables e amenas as estadías e ingresos dos meniños nos hospitais da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Persoal asistencial, xunto con responsables da Área Sanitaria, familiares e meniños hospitalizados leron un manifesto, conectáronse por videochamada coa Fundación Atresmedia e interpretaron a canción ‘Un bico redondo’ no Hospital Provincial

Bicos solidarios repartidos polo Hospital Provincial da capital da provincia conmemoraron hoxe o Día do Neno Hospitalizado, unha iniciativa que cada ano pon en valor o esforzo de humanización que permanentemente efectúan os profesionais sanitarios, voluntarios e docentes para facer máis confortables e amenas as estadías e ingresos dos meniños nos centros hospitalarios da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Entre as actividades que o persoal da área de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra levou a cabo hoxe para conmemorar esta xornada destacan o lanzamento de bicos ás 12 horas cos nenos que poideron facelo, así coma a conexión on line dunha videochamada que fixeron coa embaixadora da Fundación Atresmedia Eva González, a cantante Conchita e o grupo Bombai, que puxeron música e agarimo á celebración sumándose a esta conexión tan especial. Neste senso, a conmemoración do Día do Neno Hospitalizado tamén contou coa interpretación da canción ‘Un bico redondo’.

Manifesto do Día Nacional do Neno Hospitalizado
Así mesmo, durante esta celebración no Hospital Provincial de Pontevedra, á que asistiron responsables do equipo directivo da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, procedeuse á lectura dun manifesto do Día Nacional do Neno Hospitalizado para seguir reivindicando a importancia de que esta xornada apareza no calendario de celebracións e que desde o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social declaren oficialmente o 13 de maio como Día Nacional do Neno Hospitalizado.

Así mesmo, na aula de actividades da área de Pediatría-Escolares do Hospital Provincial efectuáronse artesanalmente uns recortables en forma de bicos co logotipo do Día do Neno Hospitalizado e enviáronse mensaxes en redes sociais co hashtag # DiaNiñoHospitalizado.

Esta iniciativa de humanización da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, na que colabora por sétimo ano coa Fundación Atresmedia, incide tamén no obxectivo de render homenaxe aos pequenos e ás súas familias.

Publicacións Relacionadas