HomeOurenseCinco empresas optan á adxudicación do servizo de limpeza viaria e recollida...

Cinco empresas optan á adxudicación do servizo de limpeza viaria e recollida de lixo

- Anuncio -spot_img

Finalmente cinco empresas, e non seis, optan á adxudicación do contrato para xestionar o servizo de limpeza viaria e recollida de lixo na cidade. O Concello de Ourense levou a cabo no día de onte a apertura das 6 ofertas realizadas por diferentes firmas do sector para optar ao contrato e tivo coñecemento de que unha delas (SUMA con Urbaser, antiga concesionaria do servizo en Ourense) presentou na súa oferta unha carta na que “dá as grazas pola convocatoria do concurso pero manifesta que non se presenta”, segundo explicou esta mañá o goberno municipal, que considera un feito “insólito presentar unha oferta na que dis que non te vas presentar”.

O Concello de Ourense continúa a desenvolver o procedemento de adxudicación, ao que optan 5 firmas: FCC, COPASA, OPAIN con Acciona, Extraco con socios de Portugal, e Valoriza. O contrato ten un orzamento de 162 millóns de euros en 10 anos.

Publicacións Relacionadas