HomeOurenseConcello e Expourense achegan posturas para explotar o recinto feiral para o...

Concello e Expourense achegan posturas para explotar o recinto feiral para o beneficio de Ourense

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, manifestoulle ao director xerente do Pazo de Exposicións, Rogelio Martínez, que se quere impulsar o uso da pista de atletismo cuberta e a posibilidade de realizar grandes concertos

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na Casa do Concello a Rogelio Martínez, director xerente do Pazo de Exposicións, Expourense, para achegar posturas sobre o uso do recinto feiral. No encontro púxose en evidencia o entendemento entre ambos dirixentes, que coincidiron na oportunidade de aproveitar esta infraestrutura no ben de Ourense.

O rexedor agradeceu a disposición do novo director de Expourense, ao que lle manifestou a súa intención de explotar os eventos deportivos na pista de atletismo cuberta, ademais de promover grandes eventos -como, por exemplo, concertos de grande formato- ou feiras de índole local.

Martínez, pola súa banda, púxose a disposición do Concello para levar a cabo todas as actividades que redunden no beneficio da cidade. Nese sentido, coincidiu en potenciar “unha pista de atletismo única en España”, pero tamén apostou por continuar co modelo feiral actual, “un escaparate para os produtos locais”. En definitiva, compatibilizar a actividade feiral ao tempo que se lle ofrecen as instalacións ao servizo dos ourensáns.

Publicacións Relacionadas