HomeOurenseInauguración da obra de humanización e mobilidade vertical na contorna da Praza...

Inauguración da obra de humanización e mobilidade vertical na contorna da Praza das Mercedes e da rúa Arturo Pérez Serantes

- Anuncio -spot_img

– Esta obra dá continuidade ao itinerario mecanizado que une Avilés de Taramancos, á beira do Barbaña, co Auditorio municipal pasando pola rúa Concordia

Esta mañá, o alcalde, membros da corporación e veciños da zona inauguraron a esperada obra relativa ao “Proxecto de Humanización e Mobilidade Vertical na contorna da Praza das Mercedes e da rúa Arturo Pérez Serantes”, un paso significativo na transformación do centro urbano da cidade.

O ámbito de actuación deste proxecto sitúase na rúa Arturo Pérez Serantes, unha arteria central de Ourense, e abrangue desde a Praza das Mercedes polo sur ata a rúa San Francisco polo norte. Anteriormente, este espazo estaba principalmente destinado ao estacionamento de vehículos, relegando a un segundo plano a zona urbanizada con árbores e mobiliario urbano pensada para os peóns.

A obra, que contou cun orzamento de licitación de 2.087.855,00 €, intégrase no ambicioso plan Ourense Vertical e súmase ás actuacións xa en funcionamento na rúa da Concordia, A Milagrosa, A Carballeira, Avilés de Taramancos e Rosalía de Castro.

Coa posta en servizo desta actuación, dáse continuidade ao itinerario mecanizado que, desde Avilés de Taramancos, á beira do Barbaña, continúa pola rúa da Concordia e, coa obra hoxe inaugurada, sitúanos na parte alta da cidade, aos pés do auditorio municipal.

A principal finalidade desta intervención é a reforma integral do espazo urbano para lograr unha nova distribución do tráfico e da circulación na zona. O obxectivo é limitar o tránsito de vehículos e priorizar as persoas, mellorando a accesibilidade mediante a instalación de elementos de mobilidade vertical enmarcados dentro do PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible). En conxunto, búscase a humanización da contorna e a recuperación deste espazo urbano para o desfrute da cidadanía.

DATOS XERAIS DA OBRA

Contratista: Extraco, Construccións e Proxectos S.A.

Orzamento de licitación 2.087.855,00 €

Prazo de execución: 10 meses

Financiamento: Obra subvencionada con fondos Next coa achega de 467.714,81 euros: 2ª convocatoria orde TMA/892/2021 do 17 de agosto de 2021 publicada BOE 201 de 23 de agosto de 2021. Concesión O.M. BOE de 20 de maio de 2022.

Publicacións Relacionadas