HomeOurenseLuis Menor esixe ao grupo municipal do PSOE en Ourense que aclare...

Luis Menor esixe ao grupo municipal do PSOE en Ourense que aclare se ten autorización para negociar unha moción de censura no Concello: “Ou hai vontade de negociar ou é postureo”

- Anuncio -spot_img

·        O líder do PP ourensán desconfía de que os socialistas só traten de facer unha mascarada –“tendo en conta ademais o espectáculo mediático co que se formulou a proposta da moción”-, polo que esixe “expresamente” que os promotores da alternativa contra o alcalde de Ourense demostren que teñen permiso dos seus órganos superiores para esta moción 

·        O acordo alcanzado no Carballiño “é exclusivamente de carácter local, no que se antepoñen os intereses da cidadanía ás siglas e ás ideoloxías”. Unha iniciativa “que xurde da autonomía de ambos grupos municipais e no que respectamos a decisión dos nosos compañeiros, que chega sen liñas vermellas”

O líder do PP ourensán, Luis Menor, esixe ao grupo municipal do PSOE no Concello de Ourense que aclare se ten autorización das direccións provincial, galega e nacional para promover e negociar unha moción de censura contra o actual alcalde de Ourense ou se trata dunha enganosa pose.

Luis Menor sae así ao paso das declaracións do secretario xeral dos socialistas galegos, nas que rexeita o pacto de goberno alcanzado no Carballiño entre o PSOE e o PP ao tempo que afirma que o seu partido non goberna co PP. “Ou hai vontade de negociar e pactar ou todo é postureo”, advertiu Menor.

O acordo alcanzado no Carballiño para o resto do mandato, dixo, “é un pacto exclusivamente de carácter local, no que se antepoñen os intereses da cidadanía ás siglas e ás ideoloxías”. A suma de ambos partidos vai contribuír a que os asuntos estratéxicos para o futuro da segunda urbe máis poboada da provincia “sexan atendidos grazas ao traballo conxunto e á implicación de todos os niveis das administracións públicas”.

O líder popular enfatiza que “non hai moedas de cambio; só trátase da mellor solución que encontramos no PP para darlle estabilidade ao goberno local e solucionar os problemas da veciñanza”. Un acordo “que xurde da autonomía de ambos grupos municipais e no que respectamos a decisión dos nosos compañeiros, que chega sen liñas vermellas, mantendo os socialistas a alcaldía e entrando o PP no goberno”.

Agora, critica Luis Menor, o PSOE desautoriza este acordo mentres promove unha moción de censura no Concello de Ourense, “co pobre argumento de que a situación é diferente en Ourense.

Fronte ao novo escenario, Luis Menor desconfía de que os socialistas só traten de facer unha mascarada –“tendo en conta ademais o espectáculo mediático co que se formulou a proposta da moción”-, polo que esixe “expresamente” que os promotores da alternativa contra o alcalde de Ourense demostren que teñen autorización dos seus órganos superiores para esta moción e non busquen “diferenzas inexplicables” entre Ourense e O Carballiño.

Publicacións Relacionadas