HomeOurenseOurenseNove espectáculos de contacontos fomentarán a lectura entre a cativada nas bibliotecas...

Nove espectáculos de contacontos fomentarán a lectura entre a cativada nas bibliotecas municipais

- Anuncio -spot_img

Compañías ourensáns actuarán en xullo e agosto en A Ponte, San Francisco e A Carballeira, con aforo limitado e inscrición previa

O Concello de Ourense fomentará a lectura entre a cativada a través dun ciclo de contacontos que se desenvolverá este verán nas bibliotecas municipais. Organizado en colaboración co programa “Ler conta moito”, que desenvolve a Xunta, será protagonizado por artistas e compañías da cidade, como Sabela Gago, A Run Run, Iván Davila, Sarabela ou Trécola, que representarán os seus espectáculos en A Ponte, A Carballeira e San Francisco.

O aforo é limitado e os nenos e as nenas deberán inscribirse previamente nas propias bibliotecas ou por teléfono, e respectar todas as medidas de prevención da COVID.

Biblioteca pública municipal A Ponte:

Praza Mestre Luis Fernández s/n – 988605751

9 de xullo, 11:00h, “O señor do castelo”, por Sabela Gago

9 de agosto, 11:00h “Díxoo Thais e non se fale máis”, con A Run Run

26 de agosto, 11:45h “Contos na lareira”, por Iván Davila

Biblioteca pública municipal A Carballeira

Praza Sagrado Corazón s/n – 988253893

6 de agosto, 11:00h, “Aquelando as nosas letras con Xela”, A Run Run

20 de agosto, 11:00H “Isto non é unha caixa”, por Sarabela Teatro

31 de agosto, ás 11:00h, “O león azul”, por Trécola Teatro.

Biblioteca pública municipal San Francisco:

Explanada de San Francisco s/n – 988230124

21 de xullo, 11:00h, “Sen medo”, por Trécola Teatro

28 de xullo, 11:00h, “Avoas”, con A Run Run

23 de agosto, 11:00h “Noa no espello”, por Sarabela Teatro.

As tres bibliotecas do Concello funcionan actualmente segundo a normativa COVID, cun horario de atención ao público de luns a venres de 9 a 14 horas.

Publicacións Relacionadas