O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acompañou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, na súa visita á Unidade Interdisciplinar de Traballo Social de Ourense, na que aproveitou para anunciar a convocatoria de Axudas do Plan Vivenda da Xunta de Galicia.
Na visita, o rexedor anunciou que o Concello traballa na adaptación dos espazos termais da cidade para a súa previsible apertura no verán.
Na visita tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta e a xefa territorial do IGVS en Ourense.




