Unha denuncia surrealista e sen base contra a miña persoa xera unha perda de máis de 100 horas de traballo a funcionarios públicos (funcionarios, Fiscalía e do Concello). Por sorte, como alcalde, tan só perdín media hora, a da declaración de onte ante a Fiscalía.
Trátase dunha denuncia anónima (daquela covarde) ante Fiscalía. Sospeito dun policía local ou outro funcionario do Concello polo modo de escudriñar as ordenanzas municipais, buscando o que non hai.
A moción é surrealista por dous motivos. Por unha banda, a denuncia relaciona as instrucións que dei de baixar os bolardos o 26-2-2020 con malversación de fondos públicos. Onde está a conexión?…..
Doutra banda, o anónimo denunciante acúsame de prevaricación por non cumprir a propósito a ordenanza, cando non puido ser nunca a conciencia, principalmente porque tampouco se incumpriu ningunha ordenanza.
Obviamente só estamos ante denuncias que buscan menoscabar, e que xeran perdas de tempo (o que as fai debe ter todo o tempo do mundo) e que pasarán a ser arquivadas porque de onde non hai non se pode sacar.
Precisamente, hoxe cúmprese un ano desde que se baixaron os bolardos, o cal aforrou 75 accidentes de persoas ou vehículos nos útimos 12 meses (a media roldou desde 2004 case dous accidentes semanais). En breve licitarase un servizo de cámaras para cursar multas por accesos ao casco antigo non permitidos. Desde marzo de 2020 a febreiro de 2021, cursáronse case 400 denuncias, ao redor dunha ao día por acceso ao casco vello sen autorización. É mellor cursar unha sanción que destrozar un coche.
Adicionalmente, quero facer chegar unhas notas sobre os procedementos e dilixencias de Investigación habituais cando as cursa Fiscalía ante calquera denuncia:
1- Poden incoarse ben por denuncia ou ben de oficio por Decreto do Fiscal Xefe.
2- No Decreto sinalanrase os feitos para investigar, a identidade do investigado, a cualificación xurídica dos mesmos, as dilixencias para practicar e noméase ao Fiscal instrutor.
3- Os denunciantes, prexudicados e ofendidos non poden comparecer como acusación particular pero teñen dereito a ser notificados da resolución do fiscal.
4- Nas dilixencias de investigación, a admisión a trámite é obrigatoria, non é discrecional e non se incoan porque se aprecien indicios de delito senón para ver se os hai en función das probas que se practiquen.
5- O investigado pode tomar coñecemento do actuado, pero o fiscal instrutor pode valorar se considera en todo ou en parte as actuacións reservadas e por tanto non susceptibles de entrega.
6- A declaración do investigado é imprescindible por que non se pode realizar a investigación ás súas costas e pode interesar a práctica das dilixencias que estime convenientes e intervir en todas as dilixencias acordadas no procedemento.
7- A conclusión das dilixencias farase por Decreto motivado, tanto para acordar o arquivo (neste caso o denunciante pode reiterar a denuncia ante o xuíz de instrución) como para decretar a presentación de denuncia ou querela.
Por último, ante as declaracións realizadas esta maña polo PSOE, quero facer unha reflexión. Ante calquera denuncia ante Fiscalía, proceden a investigar. Daquela, se eu mañá denuncio a calquera alcalde do PSOE por prevaricación ou por calquera outro delito, entón por analoxía tería que dimitir ao momento, segundo o que di agora o PSOE.




