HomeOurenseOurenseO alcalde de Ourense recibe o atleta ourensán Martín Fernández Nóvoa, dobre...

O alcalde de Ourense recibe o atleta ourensán Martín Fernández Nóvoa, dobre subcampión mundial

- Anuncio -spot_img

Foi subcampión do mundo nas disciplinas de 4×100 e 4×400 para persoas con discapacidade intelectual.

Esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no salón de plenos a Martín Fernández Nóvoa, dobre subcampión do mundo nas categorías 4×100 e 4×400 para persoas con discapacidade. Na súa visita ao Concello, amais das medallas de prata do Campionato do Mundo, levaba consigo as medallas de ouro, dúas -en 200 e 400 metros-, e prata, unha –en 100 metros-, do Campionato de España.

Martín chegou acompañado por seus pais, o presidente do seu club, A Purísima, e o seu adestrador. Agora mesmo está preparando xa o campionato absoluto galego. Para o seu adestrador “a progresión de Martín foi moi forte este ano, case dous segundos que en velocidade é moito”. Recoñece tamén que é o “atleta español con máis proxección, sobre todo en velocidade” que “foi un revulsivo para o equipo e para a selección e agardan que siga mellorando”. Martín Fernández Novoa ten moitas posibilidades de entrar no programa Liberty, que é unha beca para atletas con discapacidade.

Publicacións Relacionadas