HomeOurenseO alcalde expresa a súa sorpresa e rexeitamento polas declaracións do presidente...

O alcalde expresa a súa sorpresa e rexeitamento polas declaracións do presidente da asociación de construtores sobre unha hipotética moción de censura

- Anuncio -spot_img

O rexedor está convencido de que a opinión de Santiago Rodríguez non representa o sentir maioritario do sector

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome quere expresar a súa “sorpresa e o máis profundo rexeitamento” ás declaracións efectuadas no día de onte polo presidente da Asociación provincial de empresarios da construción de Ourense (ACO), Santiago Rodríguez. A preguntas dos xornalistas, Rodríguez manifestaba que a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ourense podería verse axilizada por unha hipotética moción de censura que apartase a Jácome da Alcaldía. O presidente dos construtores e promotores lamentábase tamén de retrasos en pagamentos por parte do Concello.

Pérez Jácome manifesta a súa sorpresa ante o posicionamento adoptado pola dirección da asociación, que non cre que represente o sentir  maioritario dos seus asociados. Lembra Jácome que “o PXOM atópase así porque os promotores de esa hipotética moción de censura son os que levaron a caída do PXOM de 2003” e advirte que “é paradoxal que os que nos levaron a aquela desfeita sexan os que se presentan para arranxar o tema agora”, declarou.

Porén, a este respecto insiste o alcalde en que a tramitación do Plan de Urbanismo continúa, pendente agora da conclusión dos últimos informes preceptivos antes de ser remitido á Xunta de Galicia, e explica que a inmediata aprobación da conta xeral do Concello vai permitir desbloquear fondos e atender pagamentos pendentes.

Pérez Jácome manifesta o seu pesar “porque os dirixentes dunha das principais asociacións empresariais, non só da cidade senón da provincia, non saiban manterse á marxe do xogo político”. Bota de menos o alcalde “que esa actitude crítica e mesmo hostilidade cara a este goberno municipal non se fixera con gobernos anteriores nin na actualidade con outras administracións”.  A este respecto, Jácome tamén quere recordarlle á dirección de ACO que o de Ourense é un dos concellos que máis obra pública vén licitando nos últimos anos.

Publicacións Relacionadas