HomeOurenseO alcalde recibe a asociación de construtores nunha xuntanza”moi frutífera” para avanzar...

O alcalde recibe a asociación de construtores nunha xuntanza”moi frutífera” para avanzar en “moitos temas produtivos para Ourense”

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na Alcaldía a Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense, nunha xuntanza “moi frutífera porque estamos centrando moitos temas produtivos para Ourense”, segundo sinalou o rexedor ao remate do encontro.

Alcalde e construtores coinciden en demandar un maior investimento público por parte da administración central e autonómica na cidade “xa que a porcentaxe de obra que se inviste en Ourense é menor que a que correspondería por poboación”, asegura Pérez Jácome.

Os construtores trasladáronlle ao alcalde a importancia de axilizar a concesión de licenzas, e as súas solicitudes de que o Concello autorice voos nos pisos, para darlle resposta á demanda actual do sector, xa que as persoas que queren comprar vivendas buscan que estas estean dotadas de balcóns, ou que se poidan habilitar vivendas nos baixos comerciais, unha posibilidade que, asegura Pérez Jácome, “é tamén unha vella demanda do grupo de Democracia Ourensá”. Os construtores tamén expresaron o seu interese por coñecer os plans de obras que o Concello de Ourense prevé desenvolver no futuro na cidade. Alcalde e asociación empresarial manterán unha nova xuntanza no próximo mes de abril.

Publicacións Relacionadas