O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na Alcaldía a unha representación da directiva da Unión Deportiva Ourense, con Ramón Dacosta e Fernando Currás á cabeza, para trasladarlle o seu apoio logo da perda da categoría, pero tamén para falar sobre o futuro do club.
Neste sentido, o rexedor e os representantes do equipo unionista intercambiaron ideas acerca de como profesionalizar a estrutura do club e cales poderían ser os pasos para subir de categoría até chegar á elite. Do mesmo xeito, abordaron outras cuestións, caso do traballo cos deportistas de base que forman parte da canteira do equipo ourensán.
Pérez Jácome manifestoulles o apoio do Concello á Unión Deportiva Ourense.




