HomeOurenseO alcalde recibe as Escolas Deportivas Artai, logo dunha temporada histórica na...

O alcalde recibe as Escolas Deportivas Artai, logo dunha temporada histórica na que acadaron 4 medallas nos campionatos de Europa

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá no salón de plenos as Escolas Deportivas Artai, a cuxos integrantes felicitaron polos sensacionais resultados acadados durante a temporada 2023/2024, na que as e os deportistas do club ourensán acadaron logros tan destacados como unha medalla de ouro, outra de prata e 2 de bronce nos campionatos de Europa deste ano. A escola de artes marciais que dirixe Aaron Blanco conta na actualidade con 200 deportistas federados.

Publicacións Relacionadas