HomeOurenseO alcalde recibe o presidente e o director de Afundación, que lle...

O alcalde recibe o presidente e o director de Afundación, que lle presentan o proxecto da nova sede da entidade na cidade

- Anuncio -spot_img

Será o resultado da unión do antigo Hotel Barcelona coa sede actual na Avenida de Pontevedra

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet Álvarez; o director xerente da entidade, Pedro Otero Espinar, e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, que lle expuxeron as liñas mestras do proxecto da nova sede de Afundación na cidade de Ourense.

Este gran centro sociocultural será o resultado da unión do edificio do antigo Hotel Barcelona coa actual sede de Afundación na Avenida de Pontevedra: dous edificios contiguos, emblemáticos e de extraordinario valor arquitectónico, obras de Vázquez Gulías.

A nova sede acollerá todas as actividades que desenvolve a entidade na cidade nos eidos cultural, educativo, social etc., desde as exposicións até os programas de persoas maiores, ademais das iniciativas de educación infantil ou financeira, entre outros.

“Unha gran sede que vai ser unha das máis representativas non só en Galicia senón en toda a parte Norte”, manifestou o presidente de Afundación, quen lle explicou ao alcalde que a decisión está tomada e aprobada polo padroado da entidade, e que Afundación xa está a desenvolver os traballos necesarios para dispoñer proximamente do proxecto técnico que concretará a intervención. “Queremos que se faga canto antes”,  manifestou Escotet Álvarez.

Publicacións Relacionadas