HomeOurenseO alcalde solicitoulle ao equipo redactor cambios no plan de urbanismo antes...

O alcalde solicitoulle ao equipo redactor cambios no plan de urbanismo antes de proceder á súa nova aprobación provisional

- Anuncio -spot_img

Reducirá a altura das torres do Miño, reordenará a Finca da Deputación, impulsará o parque acuático termal, novos usos dotacionais e deportivos, e modificará a normativa de voos

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez, solicitoulle vai dúas semanas ao equipo redactor que incorpore modificacións ao documento do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, con vistas á súa próxima aprobación provisional por parte do Concello. Os aspectos máis salientables xiran en torno a 6 puntos:

Redución nun 50% do aproveitamento urbanístico e limitación de alturas nas torres de iniciativa privada previstas na marxe dereita do río Miño.

Reordenación da actuación prevista na popularmente coñecida como Finca da Deputación, para abrir a posibilidade de eliminar as torres de 19 alturas definidas para esta zona e concentrar na maior medida posible a edificabilidade nun rañaceos.

Cambios en diferentes zonas da cidade para incorporar novos usos dotacionais e espazos libres, entre os que se pode destacar o parque de aventuras nas proximidades do cámping municipal.

Modificación do documento para facer posible a construción dun parque acuático termal cuberto no Campo da Feira.

Determinar o uso de espazos dotacionais, principalmente para uso deportivo.

Modificar o réxime dos voos nos edificios emprazados en solo urbano consolidado, de forma que se manteña o que está vixente na actualidade (Plan de Urbanismo de 1986), atendendo así unha demanda trasladada ao alcalde pola asociación de empresarios da construción de Ourense.

A solicitude é anterior á incorporación do grupo do PP ao goberno municipal. O goberno municipal agarda que estas modificacións poidan estar listas cara ao mes de novembro e acometer así a tramitación desta nova aprobación provisional do planeamento urbanístico da cidade.

A maiores destes cambios xa solicitados ao equipo redactor, queda pendente realizar o estudio para minimizar os edificios fóra de ordenación. Un cambio que tamén se acometerá.

Publicacións Relacionadas