HomeOurenseO anexo do Pavillón dos Remedios acollerá este domingo o Campionato galego...

O anexo do Pavillón dos Remedios acollerá este domingo o Campionato galego de Jiu Jitsu Trofeo Cidade de Ourense

- Anuncio -spot_img

Desta competición sairá o equipo que representará a Galicia no Campionato de España

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, acompañaron esta mañá a Felipe Iglesias, seleccionador galego de Jiutsu, na presentación do Campionato galego de Jiu Jitsu Trofeo Cidade de Ourense patrocinado polo Consello Municipal de Deportes.

A cita, que reunirá preto de 300 deportistas, será o domingo, día 3 de marzo a partir das 16.00 h no anexo do Pavillón municipal dos Remedios e dela sairá o equipo que represente a Galicia no vindeiro campionato de España.

O torneo incluirá todas as categorías, nas modalidades loita, ne waza e dúo kata. O campionato está organizado pola Federación Galega de Judo e deportes asociados, coa colaboración do Concello e do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense.

Publicacións Relacionadas