HomeOurenseO candidato de Podemos en Ourense, Víctor Ferreiro, reúnese coa Asociación de...

O candidato de Podemos en Ourense, Víctor Ferreiro, reúnese coa Asociación de Diabetes Auria para abordar desafíos en saúde

- Anuncio -spot_img

Onte pola tarde, Víctor Ferreiro, o candidato ao Parlamento de Galicia por Podemos en Ourense, participou nunha reunión coa Asociación de Diabetes Auria. Este encontro enmárcase nunha serie de diálogos que o candidato está a manter con diversas asociacións e colectivos, onde se analizan as problemáticas e peticións presentadas polas devanditas comunidades.

A reunión, caracterizada pola súa cordialidade e distensión, abordou cuestións graves relacionadas coa saúde desta colectividade, centrando especialmente a atención no trato discriminatorio que padecen os pacientes con diabetes nas súas distintas etapas, por parte do Servizo Galego de Saude.

Despois de escoitar atentamente as demandas de Auria, Víctor Ferreiro expresou a súa sorpresa e preocupación: “Non comprendemos por que, sendo un colectivo tan amplo con 14,000 pacientes diagnosticados só na cidade, non contan cunha Unidade de Pé Diabético, mentres que, por exemplo, na Coruña si a teñen. De igual xeito, non compartimos a falta de asignación de recursos humanos e materiais por parte do Goberno da Xunta para establecer unha unidade de día, semellante ás existentes para outras enfermidades como toxicoloxía ou psiquiatría”.

Víctor tamén resaltou os obstáculos que enfrontan os pacientes diabéticos, tales como as longas listas de espera para simples estudos de fondo de ollo, que deben realizarse polo menos unha vez ao ano, ou os custos de tiras reactivas, que en países veciños como Portugal, adquírense por menos da metade de prezo que en Galicia. “É imperativo mellorar a información e a educación proporcionadas aos pacientes con esta enfermidade, así como a formación precisa dos equipos sanitarios”, concluíu Ferreiro.

O candidato comprometese a levar estas inquietudes ao ámbito político, abogando por medidas concretas que garantan a atención e os recursos axeitados para a comunidade diabética en Ourense e en toda Galicia.

Publicacións Relacionadas