Logo da súa incorporación, Ucha seguirá á fronte de Política Social, Igualdade e Saúde, Seguridade Cidadá, e Comercio
A Alcaldía do Concello de Ourense decretou un reparto de competencias das áreas de goberno, en virtude do que, desde mañá mércores, parte das áreas asumidas por Telmo Ucha serán asumidas por Armando Ojea e pola Alcaldía.
Así, Participación Cidadá, Xuventude, Turismo e Termalismo, e Mobilidade e Transporte serán exercidas polo concelleiro Armando Ojea, así coma a presidencia da xunta de área de Participación Cidadá, Turismo e Termalismo. Mentres, a Alcaldía asumirá as áreas de Servizos Xerais, Transparencia e Sistemas de Información.
Telmo Ucha, logo da súa reincorporación, seguirá á fronte das áreas de Política Social, Igualdade e Saúde, Seguridade Cidadá, e Comercio.
Deste cambio daráselles conta ao Pleno e á xunta de goberno local na primeira sesión que teña lugar, e será publicado no Boletin Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense e da Casa do Concello.




