Preténdese aprenderlles a sintetizar as formas e a desenvolver a expresión artística, a destreza cos materiais e a creatividade
Participan 7 centros de ensino da cidade repartidos en 10 sesións
A Concellería de Educación, con motivo da celebración do Día do Libro -o 23 de abril- desenvolverá obradoiros dirixidos ao alumnado de 2º curso de Educación Primaria para achegar a ilustración ao público infantil utilizando a técnica do collage.
Tomando como referencia un conto clásico, o alumnado traballará con recortes de papel para ilustrar os personaxes principais e a portada, e tamén elaborará unha maqueta en forma de acordeón. Os obxectivos educativos son os de traballar con libros, aprender a sintetizar as formas e desenvolver a expresión artística, a destreza cos materiais e a creatividade.
Unha ilustradora profesional desprazarase aos centros de ensino levando o material en paquetes individuais e traballará con grupos-aula ou burbulla, cumprindo en todo momento co protocolo COVID-19.
Participan 7 centros de ensino da cidade repartidos en 10 sesións:
Luns 19 de abril:
de 9.30h a 11.30h, CPI José G García
de 12.00h a 14.00h, no CEIP as Mercedes
de 15.30h a 17.30h, no CPR Concepción Arenal
Martes 20 de abril:
de10.00h a 12.00h, no CEIP Mariñamansa
de 15.30h a 17.30h, no CPR Concepción Arenal
Mércores 21 de abril:
de 9.40h a 12.00h no CEIP Virxe de Covadonga
Xoves 22 de abril:
de 9.30 h a 14.00h no CEIP Seixalbo
de 15.30h a 17.00h no CPR Padre Feijoo
Venres 23 de abril, Día do Libro:
de 9.00h a 11.00h, no CEIP Mestre Vide




