O grupo de goberno proporalle aos sindicatos, a partir de setembro de 2021, ampliar o horario de 8.30 a 14.30 horas a partir de setembro.
O grupo de goberno do Concello de Ourense traballa nunha nova configuración do horario de atención ao público e proporalles aos sindicatos amplialo unha hora a partir de setembro de 2021. Así, pasaría a ser de 8.30 a 14.30 horas, en vez de 9.00 a 14.00 horas, coma até o de agora.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, afirma que “por primeira vez na historia da democracia moderna imos ampliar o horario de atención ao público”. Os cidadáns terán así unha hora máis para realizar os trámites na Casa do Concello de Ourense. Trátase, xa que logo, de “optimizar recursos e dar mellor servizo”, en palabras do rexedor.




