HomeOurenseO Concello apoia a postura dos veciños de Reza fronte ao proxecto...

O Concello apoia a postura dos veciños de Reza fronte ao proxecto de senda peonil deseñado pola Xunta

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta tarde no salón de plenos a veciños de Reza, contrarios ao proxecto de senda peonil deseñado pola Xunta de Galicia para o seu barrio. O rexedor manifestoulles o seu apoio e o do Concello de Ourense, que lle remitirá un escrito de protesta ao Goberno autonómico.

Pérez Jácome manifestou ao termo da reunión: “Estamos cos veciños, entendemos e apoiamos a súa reivindicación contra a senda tal e como se quere facer”. “Gústanos a idea dunha senda na zona, pero en absoluto do modo invasivo que se pretende”, dixo.

Publicacións Relacionadas