A Concellería de Educación, dentro do programa de Educación en Valores, clausura mañá os obradoiros de Coeducación e igualdade destinados a alumnado de 5º- 6º de Educación Primaria, ESO e Bacharelato.
Participaron este curso nos 20 obradoiros impartidos, máis de 700 alumnos e alumnas de 17 centros de ensino da cidade.
Impartidos pola psicóloga clínica Paula Sánchez, estes obradoiros de 100 minutos de duración teñen un formato moi visual e participativo. A través do debate, do humor, e da exploración dos nosos clichés persoais e sociais, conseguimos un entorno facilitador para falar e reflexionar de relacións en igualdade.
Enviamos fotos dun dos dous obradoiros para 4º da ESO no CPR Padre Feijóo.




